Añadido: May 11, 2008
De: xornalcerto
Duración: 1:21
En Padrón, vistas exteriores da casa onde morou un tempo a escritora de "Follas novas"
Categoría: Travel
Tags: barbanza certo cultura galicia museo padrón paisaje urbano
Rating: 5.00 (1 ratings) Visto: 71' favoriteCount='1 Comentarios: 3
xornalcerto Says:
May 11, 2008 - Coidado con santificar á xente, amigo. Tamén o facía en Lestrove -Lestrobe agora? ando a ver carteis co b- e en Madrid (hai 50 anos que celebraron o centenario do seu casamento con Murguía en Madrid, onde vivían, na rúa Ballesta) e noutros sitios. Non lle fixeron case ningún caso en vida, como a Valle. Iso doe... Ademais, tal e como está agora a casa, seguro que volta ela e non a coñece, con tanta placa e gravilla branca
xensboy Says:
May 11, 2008 - Como se ve que non coñeces a miña visión de Rosalía. Pero claro, para iso habería que ler a novela inédita sobre a súa vida á que dediquei tres anos. Aquí non se valora á algunha xente como é debido, perdendo o cu por obsequiar unha e outra vez a mediocridades que non perduran no tempo. A foto máis antiga da casa que coñezo, na que saen Fermín Bouza Brey e Gala, é unha boa fonte para ver como era a casa nos derradeiros anos de Rosalía.
xornalcerto Says:
May 11, 2008 - É o que teñen as novelas inéditas... que as le pouca xente. Mais, fóra sarcasmos, penso que Rosalía está ben valorada, pero chegoulle un pouco tarde. Ou incluso non lle chegou. Tamén lle pasou a Cervantes: se voltase hoxe ao mundo daríalle vergallazos a moitos que se están a aproveitar do que el fixo. Mais a historia escríbese así. No da muda da casa nestes anos: é inevitable. Ata nós mudamos en tan pouco tempo como gastamos nesta vida. Que non coñeza a túa visión non signfica que non a respecte
xensboy Says:
May 11, 2008 - Non se sabe todo o que se lle fixo - e aínda se lle fai - a Rosalía: toda unha campaña de censura, terxiversación e menoscabo que aínda agora, no tempo da liberdade, case ninguén se atreve a facer pública. Cando chegue o momento, tal vez coa nova biografía de Francisco Rodríguez, cunha boa película ou con algunha outra cousa que, ao estar inédita, pouca xente pode ler, aparecerá unha visión máis cercana á verdadeira Rosalía, que nada ten que ver coa idealización baleira que a "santifica".



xensboy Says:
May 11, 2008 - Ben, xornalcerto, admito a derrota. Teño prevención a facer un vídeo sobre Rosalía porque a emoción que ela me provoca é demasiado forte e non sei por onde empezar sen que quede por debaixo do desexado. Por aquí andaba ela, aquí respiraba e pensaba. Aquí ollaba as horas a persoa máis valiosa nacida en Galiza.